Mediastrada

¿Qu’est que c’est?

Mediastrada é un programa de mediación cultural entre os diversos axentes e colectivos culturais do Concello da Estrada.

Maio de 2024 en A Estrada

Andrea
Manuel
Marcos
María

¿Quen somos?

Un vigués, un muxián e dúas ourensás que se adican á innovación, a xestión cultural e a educación social.

Catro profesionais que deciden traballar xuntos cun obxectivo principal, a dinamización e activación sociocultural no rural galego xunto coa mediación entre os axentes do territorio e públicos en xeral. Poñendo no centro a oferta para o público novo, entre os trece e os vinte anos.

Obxectivos

Crear unha rede de entidades, públicas e privadas, que programen para un público adolescente.

Involucrar os axentes culturais de referencia da vila na creación desta rede.

Conseguir que a mocidade participe nas actividades culturais que se propoñan.

Mellorar a calidade das relacións entre entidades

Permitir o fluxo de coñecementos 

Acompañar e axudar a mocidade no proceso de creación.

Metodoloxías

A mediación como eixe principal. Realizaremos dende xornadas de team building, onde confluirán administración, axentes culturais diversos de toda a Estrada e público adolescente activo e/ou con intereses en accións ocioculturais.

Contaremos tamén con ponencias e asesorías. Todo isto promovendo sempre que estea amenizado por concertos e pinchadas. Porque nisto tamén consiste crear rede.

E por último e non menos importante, o seguementos de todas as ideas que comecen a medrar, para poder presentar un proxecto final do que poida nutrirse a Estrada.